InicioSucesosDenunciada tras ser "pillada" por segunda vez circulando sen ter o permiso

Denunciada tras ser “pillada” por segunda vez circulando sen ter o permiso

A muller, de 48 anos, carecía do permiso por non obtelo nunca

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo abriu dilixencias por delito contra a seguridade viaria contra unha condutora, que foi localizada, por segunda vez, circulando sen ter o permiso de conducir.

Os axentes déronlle o alto na avenida de Ramón Ferreiro, comprobando que carecía do permiso por non obtelo nunca. A muller, de 48 anos, xa foi interceptada en novembro do pasado ano polo mesmo motivo.

POSITIVO EN ALCOLEMIA

Ademais, na rúa Illa de Man unha patrulla deu o alto a un vehículo, observando que o seu condutor presentaba síntomas de estar baixo a influencia do alcol, dando un resultado positivo de 0,72 miligramos por litro.

Por condutores que superaron a taxa de alcolemia, a Policía Local de Lugo abriu expediente sancionador contra varios condutores, segundo informa.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...