InicioSucesosIdentifican a un home "multirreincidente" por conducir sen permiso

Identifican a un home “multirreincidente” por conducir sen permiso

O vehículo tampouco tiña o seguro obrigatorio e o seu titular non presentara a ITV no prazo debido

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron a un home multirreincidente por conducir sen permiso de circulación e de forma irregular.

Segundo informou a Policía, na tarde do 1 de marzo, a Unidade de Territorial de Policía de Barrio intensificou os controis de seguridade do centro, no que detectaron no Camiño Real a “circulación irregular” dun vehículo.

Ao ser detido, puideron comprobar que o condutor carecía de permiso de circulación por condena xudicial, polo que se instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo foi inmobilizado.

Ademais, os axentes comprobaron que o vehículo tampouco tiña o seguro obrigatorio e o seu titular non presentara a ITV no prazo debido, polo que se abriu tamén un expediente sancionador con multa de 1.700 euros.

“MULTIRREINCIDENTE” DESDE XULLO DO 2022

Este condutor, explica a Policía Local, é multirreincidente, xa que foi interceptado por efectivos en diferentes datas: xullo de 2022, por un delito contra a seguridade viaria por conducir con altas taxas de alcol; setembro de 2022, por un delito contra a seguridade viaria por carecer de permiso; febreiro de 2023, por carecer de permiso por resolución xudicial; e 19 de febreiro, de novo por un delito contra a seguridade viaria por conducir sen permiso e arroxar unha taxa de alcol nas probas de alcoholemia superior á permitida.

Doutra banda, neste dispositivo a Policía Local detectou a un condutor profesional que lanzou un resultado positivo de 0,29 mg/l nas probas de alcolemia ás que foi sometido, cando a taxa máxima é de 0,15mg/l, polo que se abriu un expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do permiso de conducir.

Adicionalmente detectáronse cinco vehículos cuxos propietarios non presentaban a ITV no prazo debido; seis vehículos que non contaban con seguro de coche; un vehículo cuxo condutor non realizara o cambio dun permiso estranxeiro; e foi denunciado e interceptado o condutor dun patinete eléctrico por circular dúas persoas encima.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...