InicioSucesosA repetición do xuízo do crime de Desirée Leal, un novo "calvario"...

A repetición do xuízo do crime de Desirée Leal, un novo “calvario” para o pai

Teño que loitar para que se faga xustiza á miña nena", di o proxenitor.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pai de Desirée Leal, José Manuel Leal, asegurou que para el a repetición do xuízo, que levará a cabo a partir do luns da próxima semana na Audiencia Provincial de Lugo, suponlle revivir “un calvario”.

En concreto, o próximo 27 de febreiro comezará o xuízo contra a nai de Desirée, Ana Sandamil, polo crime da pequena de sete anos cuxo cadáver aparecía na casa desta en Muimenta, Cospeito. Nun primeiro xuízo con xurado foi condenada a prisión permanente revisable, aínda que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou repetilo.

“Toca volver pasar por ese pesadelo”, indicou José Manuel Leal, que xa avanza que volverá pedir para o seu exparella a prisión permanente revisable, aínda que deslizou que “oxalá fose condenada a cadea perpetua”.

Da repetición, Leal confesou que lle supón “persoalmente un calvario” e “o ter que revivir todo”. “Sigo pensando que o xurado popular fíxoo moi ben e non queda outra, agora, que loitar. Teño que loitar para que se faga xustiza á miña nena”, dixo.

A continuación, deixou claro que isto “non termina aquí, porque aínda queda o recurso de casación ante o Tribunal Supremo”. Dito isto, expresou o seu convencemento de que Sandamil recorrerá ante este alto tribunal se finalmente volve ser condenada”. Tamén el faría o mesmo se Sandamil non é condenada a prisión permanente revisable, segundo dixo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...