InicioSucesosDous investigados, un deles menor, por roubar móbiles do interior de coches...

Dous investigados, un deles menor, por roubar móbiles do interior de coches en Vilalba

Outras dúas persoas foron detidas en Meira por roubar un DNI e comprar un móbil ao nome doutra persoa en Meira

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un home de 48 anos de idade e a un menor na localidade lucense de Vilalba como presuntos autores de tres delitos de roubo con forza tras romper os portelos de vehículos estacionados en garaxes comunitarios para subtraer móbiles do seu interior.

Tal e como informou a Benemérita, os feitos tiveron lugar no mes de decembro, cando os supostos autores fracturaron os portelos dos coches e accederon ao interior dos mesmo co obxectivo de roubar os efectos que alí se atopaban.

En concreto acúsaselles de roubar uns 60 euros en metálico, documentación persoal e catro teléfonos móbiles. A valoración dos danos efectuados ascende a uns 2.000 euros. Por iso, as dúas persoas foron detidas e postas a disposición xudicial.

DETIDOS EN MEIRA POR COMPRAR UN MÓBIL CO DNI DOUTRA PERSOA

A Garda Civil detivo tamén en Meira a dúas persoas, unha delas menor, por supostamente roubar un DNI e comprar un teléfono móbil de gama alta a nome doutra muller.

Tal como informou a Benemérita, os feitos denunciáronse o pasado mes de xaneiro, cando unha veciña de Ribeira de Piquín observou que lle aumentou a tarifa na factura telefónica, decatándose de que se deu de alta unha nova liña de teléfono sen o seu coñecemento e adquiriuse un terminal valorado en máis de 1.000 euros.

Tras investigar o caso, púidose constatar que as autoras utilizaran o DNI da denunciante para dar de alta a liña e para comprar o móbil, o cal foi entregado nun domicilio de Meira, tras mostrar o referido documento, facéndose pasar pola denunciante.

Por iso, foron detidas e investigadas por un delito de estafa e de falsidade documental. Xa foron postas a disposición xudicial. Dáse a circunstancia de que á denunciante subtraéranlle a carteira co referido documento facía dous anos.

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...