InicioSucesosRetencións na A-6 en Outeiro de Rei tras un accidente múltiple

Retencións na A-6 en Outeiro de Rei tras un accidente múltiple

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un accidente con tres vehículos implicados está a provocar retencións na A-6 ao seu paso polo municipio lugués de Outeiro de Rei durante a mañá deste venres. O sinistro tivo lugar ás 11,20 horas á altura da parroquia de Robra, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia, que recibiu o aviso dun dos involucrados no accidente.

Precisamente este condutor foi o único que tivo que ser atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061 ao presentar dores de cabeza. O tráfico viuse comprometido na zona a consecuencia da disposición sobre a estrada do tres vehículos implicados no sinistro.

Con todo, a Garda Civil de Tráfico habilitou un carril e a beiravía para facilitar a circulación, que non tivo que cortarse totalmente en ningún momento.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...