InicioSucesosUn home falece en Lugo tras caer desde un balcón

Un home falece en Lugo tras caer desde un balcón

As primeiras investiagacións apuntan a unha caída accidental.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu este sábado tras caer desde un balcón dunha vivenda situada na parroquia de Soñar, pertencente ao Concello de Lugo.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 11,00 horas. Os operadores da central de emerxencia recibiron o aviso a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba de que xa enviara a unha ambulancia ata o lugar.

Con todo, ao chegar ao lugar tan só puideron confirmar o falecemento do home. Fontes consultadas por Europa Press sinalaron que a Policía Nacional desprazouse ata a vivenda para esclarecer as circunstancias do suceso, aínda que todo parece indicar que se tratou dunha caída accidental.

ÚLTIMAS

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...

Lugo duplica a compra venda de vivendas

A compravenda de vivendas en Galicia subiu un 38,4% o pasado febreiro, en comparación co...