Falece en Friol un home ao que lle caeu unha árbore enriba mentres cortaba madeira

Talla de árbores / Ecoloxistas en Acción

Un home perdeu a vida en Friol ao caerlle unha árbore mentres cortaba madeira xunto con outra persoa.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso cara ás 17,00 horas deste xoves mediante o aviso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Quen alertou ao equipo médico xa advertía da posibilidade de que a persoa estivese falecida.

O 112 trasladou que cando chegaron os sanitarios xa só puideron confirmar a morte, mentres os axentes da Garda Civil recollían toda a información sobre o ocorrido.