InicioSucesosA alcaldesa de Monterroso tras o accidente do bus: "Somos afortunados. Dentro...

A alcaldesa de Monterroso tras o accidente do bus: “Somos afortunados. Dentro da desgraza non hai vítimas do concello”

Di que esa liña é moi "frecuentada" polos monterrosinos, tamén por poboación recluída e as súas familias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, asegurou que o autobús que fai a liña Lugo-Vigo é moi “frecuentada” polos monterrosinos, tamén por poboación recluída e as súas familias. Así o destacou tras o accidente dun autobús desta liña, que caeu ao río Lérez o día de noiteboa no municipio de Cerdedo-Cotobade. Os servizos de emerxencias localizaron este luns o cadáver da novena pasaxeira e que deixa, así, un saldo de sete falecidos e dous sobreviventes.

É unha liña moi frecuentada polos monterrosinos, tanto para ir a Pontevedra como a Lugo. Esa liña de Monbus ten parada en Monterroso. É unha liña moi utilizada”, constatou.

Rocío Seijas tamén remarcou en que é unha liña que “para diante da prisión de Monterroso, e é moi empregada tanto para familiares de presidiarios como para xente do cárcere que ten permiso”. “Aquí somos afortunados, porque dentro da desgraza que supón esas vítimas, de Monterroso non hai ningunha“, concluíu a rexedora.

De Lugo hai unha vítima, trátase dunha profesora, de 44 anos, que impartía clases en Lalín, Guadalupe Díaz González. Este curso daba clase de Lingua Castelá no instituto número 1 de Lalín.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...