InicioSucesosDeteñen a dúas persoas que vendían heroína na rúa Tino Grandío

Deteñen a dúas persoas que vendían heroína na rúa Tino Grandío

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Nacional de Lugo detivo a dúas persoas relacionadas coa venda de heroína dando por desarticulado un punto de venda de drogas na cidade. Segundo confirmou a Policía, trátase dunha parella de mediana idade.

Ao home, ademais dun delito contra a saúde pública, impútanselle os delitos de ameazas graves e contra a seguridade do tráfico, xa que no momento de proceder á súa detención tratou de fuxir “pondo e perigo aos axentes que interviñeron, así como ao resto dos usuarios da vía”. Finalmente, foi interceptado sen consecuencias.

A investigación iniciouse tras a denuncia dos cidadáns e comerciantes da zona da rúa Tino Grandío que manifestaron a circulación pola zona de persoas alleas ao barrio.

Posteriormente, localizouse aos implicados e foron detidos. Ademais, a Policía detallou que se lles incautaron varias doses de heroína, pastillas e haxix en cantidades preparadas para a venda, así como diñeiro en metálico proveniente das vendas realizadas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...