InicioLugo e contornaLugoO asasino da súa parella nas Gándaras pide unha reducción da pena...

O asasino da súa parella nas Gándaras pide unha reducción da pena por “alcoholismo e confesión”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado do home condenado por asasinar a coiteladas á súa parella en 2020 nunha casa do barrio lucense das Gándaras solicitou unha rebaixa da pena, de 23 a 20 anos, para o seu cliente, alegando, entre outras cuestións, alcoholismo e confesión, argumentos rexeitados pola Fiscalía e acusacións.

Fixérono na vista de apelación, celebrada na Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), con presenza da representación fiscal e os letrados personados: defensa, acusacións particulares, Xunta e a Fundación Amigos de Galicia. Todos eles pediron que se manteña a pena.

Fixérono despois de que, no seu veredicto, o Tribunal do Xurado considerase probado que, entre as 18,00 horas do 6 de febreiro de 2020 e as 8,00 horas do día seguinte, iniciouse unha discusión entre o condenado e a súa compañeira sentimental, que comezaran a relación no verán, no seu domicilio do barrio das Gándaras.

Durante o desenvolvemento da disputa ou unha vez finalizada, segundo o fallo, a muller foi ao baño, onde minutos máis tarde dirixiuse a súa parella, portando un coitelo, co que lle asestou, “con ánimo de matala”, catro puñaladas no pescozo, unha das cales secionoulle a arteria carótida.

ÚLTIMAS

Denunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

Un mozo de 18 anos de idade foi denunciado en Lugo por un suposto...

O ex vicepresidente da deputación, Antón Bao, novo responsable local do BNG de Lugo

O exconcelleiro e profesor xubilado Antón Bao foi elixido responsable local do BNG de Lugo tras...

O PP de Lugo reúne nunha publicación os “logros” da Xunta e os “incumprimentos” do Goberno local e este responde

Os membros do Grupo Municipal do PP en Lugo, con Elena Candia á fronte,...

O choque dun coche contra un edificio obriga a cortar a Ronda da Muralla

A Policía Local de Lugo tivo que cortar a circulación na Ronda da Muralla, entre as...