InicioSucesosUn home circulou 14 kilómetros en sentido contrario e baixo os efectos...

Un home circulou 14 kilómetros en sentido contrario e baixo os efectos do alcol pola A-6

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un home de 55 anos por circular, en sentido contrario e baixo os efectos do alcol, durante 14 quilómetros pola autovía A-6, no termo municipal de Baralla.

Segundo informan, este sábado, ao redor das 20,30 horas, o vehículo foi interceptado por unha patrulla da Garda Civil de Lugo á altura do quilómetro 469, da autovía A-6 (Madrid-A Coruña).

O seu condutor e único ocupante, circulou polo menos durante 14 quilómetros en dirección Madrid, pero utilizando os carrís de circulación reservados para a circulación cara á Coruña.

Tras recibirse nos servizos de emerxencia varias chamadas alertando do ocorrido, organizouse un dispositivo para tratar de localizar e interceptar ao vehículo infractor. Non se produciu ningún sinistro viario.

O infractor é un home de 55 anos, veciño de Outeiro de Rei, e investigado por dous delitos contra a seguridade viaria, condución temeraria e pola condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas, dado que foi sometido á proba de alcoholemia, que arroxou unha taxa superior a 0,60 mgr/l.

As dilixencias policiais instruídas serán remitidas ao Xulgado de Instrución de Becerreá.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...