InicioSucesosUn incendio nunha nave de reparacións calcina dúas cabezas tractoras, unha furgoneta...

Un incendio nunha nave de reparacións calcina dúas cabezas tractoras, unha furgoneta e un par de coches

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio no exterior dunha nave de reparacións situada no polígono de O Ceao, en Lugo, calcinou dúas cabeza tractoras, unha furgoneta e un par de coches.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 19.30 horas deste sábado. A esa hora, veciños e viandantes puxéronse en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para alertar do lume preto dunha nave industrial. Ademais, a columna de fume negro era visibile desde distintos puntos da cidade.

Con esta información, os operadores do 112 mobilizaron ata o lugar aos Bombeiros de Lugo e aos axentes da Policía Local, así como ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que, finalmente, ninguén necesitou atención sanitaria.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...