InicioSucesosComo facer para parar coa actividade dos "gorrillas"?

Como facer para parar coa actividade dos “gorrillas”?

A Policía Local impón 11 actas de denuncia a sete aparcacoches ilegais, catro deles reincidentes, na contorna do HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo denunciou esta pasada noite a tres condutores por delitos contra a seguridade viaria. Dous deles arroxaron en torno ao triplo da taxa máxima permitida no test de alcoholemia, mentres que o terceiro negouse a facer a proba.

O primeiro deles foi interceptado por mor dun accidente ocorrido na rúa San Roque. Un vehículo chocou contra outro estacionado e os axentes que acudiron comprobaron que a condutora presentaba signos de embriaguez.

Así, ao practicarlle a proba de alcoholemia, arroxou un resultado de 0,79 miligramos por litro, máis do triplo da taxa máxima permitida, que é 0,25. Por iso, instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria en modalidade de xuízo rápido.

Posteriormente, na rúa Vilalba, deuse o alto a un vehículo que circulaba de maneira irregular. O condutor foi sometido á proba de alcoholemia e arroxou 0,70 mg/l, polo que tamén se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

Así mesmo, noutro sinistro ocorrido no cruzamento de Músico Falla, unha condutora que “presentaba signos de embriaguez”, tal e como informa a Policía Local, negouse “de forma expresa” a realizarse o test a pesar de ser advertida das súas consecuencias.

APARCACOCHES ILEGAIS

Por outra banda, os axentes municipais levantaron nos últimos días un total de 11 actas de denuncia a sete “gorrillas” que foron interceptados na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Ocorreu entre o martes 15 e o xoves 17 de novembro, cando se estableceu un dispositivo especial para combater esta actividade a través de efectivos da Policía de Barrio que empregaron vehículos policiais rotulados e camuflados.

Das 11 actas de denuncia impostas aos sete ‘gorrillas’, sete delas foron por infracción á Ordenanza de Circulación e outro catro por desobediencia á autoridade ao amparo da Lei de Seguridade Cidadá porque, despois de que lles solicitasen cesar na súa actividade, volveron ser sorprendidos momentos despois.

Ademais, a Policía Local destaca a súa reincidencia, xa que algúns dos aparcacoches interceptados acumulan 21, 14, 11 e tres denuncias, respectivamente, no que vai de ano.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...