InicioSucesosAparece con vida, pero desorientado e con feridas, un veciño de Palas...

Aparece con vida, pero desorientado e con feridas, un veciño de Palas de Rei que desaparecera

Foi trasladado á PAC polo equipo de Urxencias Sanitarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 112 Galicia informou de que a pasada noite tivo constancia da desaparición dun home en Palas de Rei, que foi localizado posteriormente con vida por uns veciños, aínda que se atopaba desorientado e con feridas de carácter leve. Foi trasladado á PAC polo equipo de Urxencias Sanitarias.

A chamada de alerta ao 112 Galicia foi recibida ás 21,15 horas e partiu dun particular. Tras recibir o aviso, mobilizouse a axentes da Garda Civil, membros do GES de Friol e efectivos de Protección Civil da localidade.

Pouco antes das 23,00 horas, os efectivos de emerxencia que participaban na busca contactaron co 112 Galicia para informar de que o home fora atopado por particulares nas proximidades da zona de Pambre.

+ posts

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Taboada tras arrasar 55,85 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido este sábado o incendio forestal de...

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...