InicioSucesosDenunciado dúas veces o mesmo día en Lugo circulando baixo os efectos...

Denunciado dúas veces o mesmo día en Lugo circulando baixo os efectos do alcol

Outro foi denunciado por circular co carné retirado, sen seguro e achegar datos falsos ao ser identificado

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local formularon denuncia por dúas veces contra un condutor, que foi interceptado en dúas ocasións o mesmo día circulando baixo os efectos do alcol e que ignorou a orde de inmobilizar o seu coche.

Segundo informaron fontes policiais, a primeira intervención tivo lugar pouco antes das 16,00 horas do pasado venres, cando unha dotación observou na Avenida de Madrid a un condutor que circulaba de forma errática e que case provoca un atropelo de dous peóns.

Ao darlle o alto, os axentes decatáronse de que presentaba síntomas de embriaguez, polo que foi sometido a un test de alcoholemia, que deu resultado positivo de 0,62 mg/l, e formulouse denuncia. Ademais, tamén foi denunciado porque o coche non tiña en vigor a Inspección Técnica de Vehículos, e indicouse ao condutor que o vehículo quedaba inmobilizado.

Con todo, unha hora máis tarde, a mesma patrulla policial volveu detectar ao mesmo condutor no mesmo coche. De novo practicouse a proba de alcoholemia, que deu resultado de 0,61 mg/l, e de novo foi proposto para sanción. Tamén se lle abriu expediente sancionador por quebrantar a inmovilización do vehículo, o que leva aparellada multa e retirada de 4 puntos; e foi denunciando igualmente nesa segunda ocasión por conducir sen porse o cinto de seguridade.

Finalmente, o coche foi retirado polo servizo municipal de guindastre e trasladado ao depósito, onde quedou inmobilizado.

IDENTIFICACIÓN FALSA

Así mesmo, na tarde deste domingo, foi interceptado outro condutor que circulaba pola rúa Serra de Outes cun coche que carece do seguro obrigatorio. O implicado non levaba ningunha documentación que acreditase a súa identidade e manifestou verbalmente aos axentes uns datos que resultaron ser falsos (correspondían ao seu irmán) porque el carece de permiso de conducir ao perder todos os puntos.

Por todos estes feitos, abríronse dilixencias por delitos contra a seguridade e por infracción da lei de Seguridade Cidadá ao achegar datos falsos nun proceso de identificación.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...