Piden 25 anos para o acusado do crime das Gándaras por “cosificar” á vítima

A defensa vai pedir o "eximente de alcol e drogadición".

Xulgado de primeira instancia nº3 de Lugo | Páxinas Galegas

As tres acusacións; Fiscalía, acusación popular e particular piden 25 anos para o acusado do crime machista rexistrado no barrio das Gándaras, na cidade de Lugo, en febreiro de 2020. A acusación popular asegura que o acusado “cosificaba” á vítima, mentres que a defensa pide que se aplique a eximente de “alcol e drogadicción” e alega que o procesado e a asasinada non eran parella.

O xuízo que se celebra na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo comezou este luns coa designación do xurado popular e estenderase ata o mércores 6 de xullo. Os feitos xulgados remóntanse á noite do 6 e a madrugada do 7 de febreiro de 2020. A vítima, de 49 anos de idade, foi atopada morta na noite do venres 7 no piso no que residía soa na cidade de Lugo. O cadáver apareceu con feridas de arma branca no pescozo.

O presunto asasino foi detido o sábado 8 de febreiro de 2020 pola tarde na cidade de Lugo, como autor dos delitos de homicidio, violencia de xénero e violencia doméstica. Desde ese momento o home permanece en prisión provisional.

A defensa do presunto asasino de Clara Expósito, con dous fillos que quedan orfos, limitouse a avanzar, antes de comezar o xuízo, que vai pedir que se aplique a eximente de “alcol e drogadicción”, á vez que deslizaba que non eran parella.

Pola súa banda, a acusación popular que encarna a Fundación Amigos de Galicia, a través do avogado Francisco José Lago Calvo, anunciou que ía solicitar unha “modificación da responsabilidade civil que solicitamos para os dous fillos, que o incrementamos de cen a 200.000 euros”.

AGRAVANTE

Fronte a isto sitúa “o agravante de parentesco, en canto á relación afectiva que mantiña Clara María co seu agresor e o agravante de xénero porque o delito se produce polo feito de ser muller e o control que exercía sobre ela”. “A cosificaba”, describiu. Lago Calvo deixou claro que está “absolutamente acreditado” que era parella fronte ao que mantén a defensa do acusado.

A acusación particular que exerce Fernanda López puntualizou, antes de entrar en sala, que vai “tentar demostrar que se trata dun asasinato coa concorrencia da aleivosía, é dicir que a vítima non tivo ningunha posibilidade de defenderse, e demostrarase tamén que había unha convivencia e que había unha parella estable”. Estas acusacións, tanto particular como popular, únense á petición da acusación pública, da Fiscalía de Lugo, de impor ao presunto autor deste crime machista 25 anos de prisión

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here