A Policía Local de Lugo interceptou o condutor dun patinete eléctrico sorprendido cando circulaba por unha zona peonil e que triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida, polo que foi sancionado con mil euros de multa.
Segundo informou a Policía Local, de madrugada este pasado fin de semana unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno detectou a condución dun patinete eléctrico por unha zona de peonil na rúa Conde Pallares.
Os policías observaron que o condutor se atopaba baixo os efectos de bebidas alcohólicas. En concreto, obtivo positivo de 0,90 mg/l –máis do triplo da taxa máxima permitidas–, polo que se lle instruíu expediente sancionador e multado con mil euros.
Por outra banda, na praza Fonte do Rei unha patrulla municipal parou un vehículo que circulaba de forma irregular, indica a Policía Local, e comprobou que o condutor carecía do permiso por resolución xudicial. Por iso, instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido e o vehículo foi inmobilizado.