InicioSucesosDenuncian un menor que circulaba nun patinete eléctrico mentres manipulaba o móbil...

Denuncian un menor que circulaba nun patinete eléctrico mentres manipulaba o móbil cunha man

Por estar indocumentado, o condutor foi trasladado a dependencias policiais para a súa identificación, do que foi informada a súa nai, quen compareceu en dependencias policiais para acompañar ao menor nesta dilixencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou e denunciou a un menor de idade indocumentado que circulaba nun patinete eléctrico mentres manipulaba o teléfono móbil cunha man.

Segundo relatou a Policía Local, durante a madrugada deste 10 de xuño efectivos do Grupo Operativo Nocturno detectaron ás 1,30 horas a circulación irregular dun patinete eléctrico por cálea San Marcos, porque o condutor, un mozo menor de idade, circulaba mentres manipulaba cunha man o móbil.

Unha vez interceptado, os axentes comprobaron que o patinete non presentaba ningún número de serie, “dado a impresión de que a construción do citado vehículo de mobilidade persoal fíxose de dous vehículos distintos”, indican as mesmas fontes. O menor explicou que llo comprou a un amigo e descoñecía de onde adquirira e que o trouxo de Romanía.

Por estar indocumentado, o condutor foi trasladado a dependencias policiais para a súa identificación, do que foi informada a súa nai, quen compareceu en dependencias policiais para acompañar ao menor nesta dilixencia.

Debido á falta de identificación do vehículo, foi trasladado á Xefatura da Policía Local, onde quedou inmobilizado e formulouse denuncia ao condutor polas infraccións detectadas. Tras o que comprobou que estaba baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que foi auxiliado por axentes, que requiriron unha ambulancia para o seu traslado ao HULA.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...