InicioSucesosDetidos tres homes por facer de aparcacoches de maneira ilegal na contorna...

Detidos tres homes por facer de aparcacoches de maneira ilegal na contorna do HULA en Lugo

Por outra banda, sobre as 9,20 horas deste pasado 8 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio procedeu a auxiliar a un home tirado na Avenida da Coruña, en Lugo, quen presentaba "signos de embriaguez".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a tres gorrillas por realizar a actividade ilegal de aparcacoches na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Segundo informou a Policía Local, no marco dun dispositivo especial establecido na contorna do HULA onde efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio, con vehículos rotulados e camuflados, sorprenderon a tres persoas que realizaban a actividade ilegal de aparcacoches.

Os individuos ocupaban a calzada para indicar aos condutores, destacan as mesmas fontes, lugares libres de aparcadoiro, “pondo en risco a súa integridade física”.

Unha vez denunciadas, estas persoas foron sorprendidas de novo nas mesmas circunstancias, polo que foron denunciadas por infracción á Lei de Seguridade Cidadá ao “desobedecer as ordes dos axentes no exercicio das súas funcións”, indican as mesmas fontes, e as actas foron remitidas á Subdelegación do Goberno.

AUXILIOS

Por outra banda, sobre as 9,20 horas deste pasado 8 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio procedeu a auxiliar a un home tirado na Avenida da Coruña, en Lugo, quen presentaba “signos de embriaguez”. Colocárono en posición de seguridade e solicitaron unha ambulancia do 061 na que se trasladou ao HULA para recibir asistencia.

Ademais, na tarde dese mesmo día, un cidadán acudiu á xefatura municipal para denunciar que cando paseaba cun familiar polo barrio de San Fiz perdera o contacto visual con esta persoa de avanzada idade e con problemas de mobilidade, polo que solicitou auxilio á Policía Local para buscalo. Así, foi localizado de inmediato por unha patrulla resgardado da choiva xunto a un edificio.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...