InicioSucesosCalcinado por completo un andar dunha vivenda en Vilalba

Calcinado por completo un andar dunha vivenda en Vilalba

Os servizos de emerxencia traballaron no punto ata as 03,30 horas, cando lograron sufocar por completo este incendio que calcinou por completo o segundo piso da casa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio calcinou por completo o segundo piso dunha vivenda de dúas plantas situada no municipio lucense de Vilalba, sen que se rexistrasen danos persoais.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, os feitos sucederon na parroquia de San Lourenzo de Árbore na medianoite deste sábado. Nese momento, un familiar das persoas que vivían na casa alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia e, de inmediato, pasouse o aviso aos Bombeiros de Vilalba, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade.

Os servizos de emerxencia traballaron no punto ata as 03,30 horas, cando lograron sufocar por completo este incendio que calcinou por completo o segundo piso da casa.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...