InicioLugo e contornaLugoInvestigan un mozo de Lugo por facer un trompo e circular en...

Investigan un mozo de Lugo por facer un trompo e circular en sentido contrario

Será acusado dun delito de condución temeraria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil procedeu a investigar por condución temeraria a un mozo veciño de Lugo por conducir a gran velocidade, invadir o sentido contrario e facer un trompo. Segundo informou o Instituto Armado, tivo coñecemento o pasado 9 de abril, tras varias chamadas de cidadáns, dunha posible condución temeraria á altura do quilómetro 12,600 da estrada LU-612, que conecta Lugo coa localidade lucense de Portomarín.

Os alertantes informaron de que un turismo aparentemente circulaba pola vía “a gran velocidade e invadindo o sentido contrario, obrigando a outro condutor a realizar manobras evasivas para evitar chocar con el”, para, a continuación e xa dentro da poboación de Lousada, no municipio de Guntín, tomar un cambio de dirección “a gran velocidade accionado o freo de man e realizando un trompo”.

Desprazados ata o lugar, axentes comprobaron “a gravidade dos feitos”, destacan as mesmas fontes, nos que supostamente se puxo en “perigo a outras persoas”. Por iso, a Benemérita procedeu a realizar xestións e investigacións para esclarecer o sucedido, o que levou á localización do vehículo.

Ademais, destaca a Garda Civil que “grazas aos labores de investigación realizadas e á colaboración cidadá”, púidose identificar o condutor do vehículo temerario, que resultou ser un home de 30 anos veciño de Lugo capital, ao cal lle foron lidos os seus dereitos en calidade de investigado pola súa suposta participación nun delito de condución temeraria.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...