InicioLugo e contornaLugoCazan a tres condutores ebrios en Lugo

Cazan a tres condutores ebrios en Lugo

Foron multados con mil euros e a retirada de seis puntos do carné.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres condutores foron multados con mil euros e a retirada de seis puntos do carné de condutor tras obter resultado positivo nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos en Lugo este pasado fin de semana.

Segundo informou a Policía Local, efectivos do Grupo Operativo Nocturno, co apoio de equipos da Unidade de Atestados do corpo, co emprego de vehículos rotulados e camuflados, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas e estableceron diversos controis de seguridade viaria en vías do centro urbano no que foron detectados sete condutores con positivos en alcol.

Por unha banda, un deles obtivo positivo de 0,57 mg/l na rúa Curros Enríquez; outro en Sanxillao rexistrou 0,54 mg/l e na rúa Ortega e Gaset rexistrou 0,58 mg/l. Por outra banda, a outros dous condutores con positivo en alcol localizados nas rúas Paseo dos Estudantes –con 0,38 mg/l– e Xosé Castiñeira, con 0,42 mg/l abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do carné.

OUTROS INTERCEPTADOS

Así mesmo, a Policía Local detectou dous vehículos que circulaban “de forma irregular”, apuntan as mesmas fontes. O primeiro en Augas Férreas, con positivo o condutor de 0,94 mg/l, e o segundo na Avenida de Ramón Ferreiro, con 0,75 mg/l. En ambos os casos foron instruídas dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Tamén foron denunciados varios condutores que non pasaran a ITV no prazo debido, o que leva sanción de 200 euros; por circular sen seguro obrigatorio, que implica 1.500 euros; e non facían uso do cinto de seguridade –200 euros e a retirada de catro puntos do permiso de conducir–.

Entre eles, foi detectado un condutor que circulaba pola Avenida da Coruña de forma temeraria, ao que se lle abriu expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir. No transcurso destes controis detectouse un vehículo sobre o que pesaba unha orde de captura e depósito por embargo, polo que foi trasladado polo servizo de guindastre ao depósito onde quedou inmobilizado a disposición da autoridade correspondente

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...