InicioSucesosNegarse a identificarse ante a Policía pode custarlle 10.400 euros a un...

Negarse a identificarse ante a Policía pode custarlle 10.400 euros a un veciño de Lugo

Veciñanza chamou aos axentes polo ruído de música que procedía do piso desta persoa, que negou a súa identificación ante a Policía Local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo propuxo para sanción de ata 10.400 euros a un individuo por desobediencia aos axentes que o querían identificar, ao que se negou, como responsable dos ruídos nunha vivenda denunciados por veciños. Segundo informou a Policía Local, sobre as 4,10 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo foi enviada a un edificio da rúa Lor porque veciños se queixaban do ruído procedente dunha vivenda que lles imposibilitaba o descanso.

Os axentes desprazados comprobaron que se escoitaban ruídos de música en ton alto e de actividade humana, polo que chamaron repetidamente á porta da vivenda de onde procedían as molestias, xa que inicialmente ninguén abría.

Finalmente lograron que abrise o responsable, ao que se lle requiriu que cesase de inmediato a actividade e se lle solicitou a súa documentación persoal para a acta de denuncia, ao que se negou, polo que foi advertido da súa obrigación e das consecuencias “graves” que iso supoñen.

A Policía Local tramitou acta de denuncia por infracción á ordenanza de protección ambiental e dúas máis por infraccións á Lei de Seguridade Cidadá. A primeira, puntualizan fontes policiais, por desobediencia aos axentes da autoridade, proposto para sanción de ata 10.400 euros, e a segunda por falta de respecto aos axentes, con proposta de multa de ata 600 euros.

EQUIPO DE MÚSICA

Por outra banda, no marco do dispositivo de inspección da hostalaría nocturna, unha patrulla local realizou acta de denuncia por infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas ao detectar un establecemento na rúa Xosé Castiñeira que non pode ter equipo reprodutor de música con único instalado.

As mesmas fontes sinalaron que tiña instalado, sen contar con autorización expresa administrativa, un computador portátil conectado a un amplificador, situados nun pequeno almacén detrás da barra, “emitindo a través duns altofalantes situados nas esquinas do local”, conclúe a Policía Local.

ÚLTIMAS

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda...

Sociedade Galega de Historia Natural reclama paralizar o proxecto de Altri para Palas de Rei

A Sociedade Galega de Historia Natural emitiu un comunicado no que solicita a paralización...

O BNG presenta máis de 700 alegacións ao proxecto que Altri expón para implantar en Palas de Rei

O BNG presentou na Xunta máis de 700 alegacións contra o proxecto que Altri quere implantar en Palas...