InicioLugo e contornaLugoDetido un home por agredir a súa filla de 22 anos en...

Detido un home por agredir a súa filla de 22 anos en Lugo

O seu proxenitor recriminoulle inxerir bebidas alcohólicas e propinoulle "varias patadas e golpes na cara", segundo relatou a vítima.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home por un delito de violencia no ámbito familiar tras agredir á súa filla de 22 anos, á que recriminou inxerir bebidas alcohólicas. Segundo relatou a Policía Local, sobre as 21,00 horas do pasado 24 de marzo unha patrulla da Unidade Territorial foi enviada a un inmoble da rúa Caiñós onde unha moza fora agredida polo seu pai.

Ao chegar, os axentes mobilizados atoparon a moza de 22 anos chorando e manifestoulles que ao entrar en casa, onde vive cos seus pais, despois de inxerir bebidas alcohólicas, o seu proxenitor recriminoulle este feito e propinoulle “varias patadas e golpes na cara”, indicaron as mesmas fontes. Os policías solicitaron unha ambulancia do 061 para atender á vítima.

Despois os axentes subiron ao domicilio da moza e localizaron o presunto agresor, que foi detido por un delito de violencia no ámbito familiar. Tras iso, trasladárono a dependencias policiais para a instrución das dilixencias para o xulgado correspondente.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...