InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaDetido un veciño da Fonsagrada tras agredir a outra persoa cun sacho

Detido un veciño da Fonsagrada tras agredir a outra persoa cun sacho

Provocoulle lesións graves.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño da Fonsagrada, de 33 anos de idade, como presunto autor dun delito de lesións graves, tras agredir a outra persoa cunha aixada. Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a vítima presentaba lesións importantes producidas polo golpe dunha aixada na cabeza, con feridas tamén no ollo esquerdo.

Tras unha primeira valoración na PAC da localidade, a vítima foi trasladada ao Hospital Lucus Augusti debido á magnitude das lesións. Mentres, o detido foi posto a disposición xudicial. Por outra banda, a Garda Civil tamén informou doutra agresión, pola que se investiga a un veciño de Begonte de 40 anos de idade.

Os feitos ocorreron o pasado domingo, cando o suposto agresor iniciou a marcha do seu vehículo coa porta do condutor aberta, golpeando á vítima e producíndolle lesións en pernas e costas. As dilixencias practicas xa foron postas a disposición xudicial, xunto á persoa investigada.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home por acosar e tentar bicar a unha muller na estación de autobuses tras varios altercados

A Policía Local de Lugo detivo a un home acusado de tratar de agredir...

Activado o protocolo sanitario nunha escola infantil de Lugo ante dous posibles casos de sarna

A Concellaría de Educación do Concello de Lugo activou o protocolo...

A Deputación garante o transporte escolar en Cervantes na LU-P-1402 despois dos danos causados pola choiva

A Deputación de Lugo garantirá a circulación do transporte escolar ao seu paso pola...

O PP de Lugo denuncia o mal estado do pavimento no Casco Histórico

O PP afirma que hai un problema estrutural no Concello de Lugo a conta...