InicioSociedadeConducía superando 10 veces a taxa permitida de alcol

Conducía superando 10 veces a taxa permitida de alcol

Outra conductora que viaxaba no vehículo e que deu negativo na proba de alcolemia fíxose cargo da conducción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detectou ao condutor dun vehículo articulado cunha taxa de alcol que superaba en máis de dez veces a taxa máxima permitida na autovía A-6 ao seu paso pola provincia de Lugo. Por iso, da condución do camión fíxose cargo un segundo chofer tras acreditar un resultado negativo na proba de alcol.

Así o informou o Instituto Armado, que relatou que axentes da Garda Civil cando realizaban un punto de verificación de transportes á altura do quilómetro 538 da autovía A-6 (Madrid-A Coruña), identificaro ao condutor dun vehículo articulado composto por cabeza tractora e semirremolque, que circulaba con sentido cidade herculina.

Tras parar ao vehículo articulado percibiuse por parte dos axentes “un forte cheiro a alcol que emanaba do interior da cabina“, destacan as mesmas fontes. Así, unha vez sometido o seu condutor ás probas de detección de alcol en aire expirado, obtivo un resultado positivo que multiplicaba por dez a taxa máxima permitida.

A Benemérita destaca que para os condutores profesionais, como é o caso, de servizo de urxencia, noveis, mercadorías perigosas ou transportes especiais, a taxa máxima permitida é de 0,15 mg/l.

DELITO

Por iso, a raíz do resultado das probas de impregnación alcohólica realizadas, que de acordo coa lexislación vixente son de por se constitutivas dun ilícito penal, mobilizouse ata o lugar a un Equipo de Atestadosos e Informes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, que abriu dilixencias policiais por un suposto “delito de condución superando as taxas de alcol legalmente establecidas”.

Así, procedeuse á investigación como presunto autor ao condutor do vehículo articulado, que resultou ser un home de nacionalidade lituana de 45 anos e veciño de Alacante, que foi citado para xuízo rápido no Xulgado de Instrución número 2 de Vilalba.

Finalmente fíxose cargo do mesmo unha condutora que tamén viaxaba a bordo do vehículo e que obtivo un resultado negativo na proba de impregnación alcohólica realizada, polo que evitaron deste xeito a inmovilización do camión.

A Garda Civil lembra que a condución dun vehículo de motor ou ciclomotor baixo a influencia de bebidas alcohólicas, e en todo caso cunha taxa de alcol en aire expirado superior a 0,60 miligramos por litro ou en sangue superior a 1,2 gramos por litro, “será castigado coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, e, en calquera caso, coa de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...