InicioSucesosUn ferido despois da saída de estrada dun vehículo e caer por...

Un ferido despois da saída de estrada dun vehículo e caer por un desnivel en Guntín

O coche atopábase en posición lateral, polo que os efectivos de atención tiveron que abrir o teito para sacar á persoa atrapada que, posteriormente, tivo que ser trasladada ao centro hospitalario de referencia. Outro ocupante do vehículo xa se atopaba fóra e resultou ileso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida despois de saírse da vía o vehículo no que circulaba pola estrada N-540, ao seu paso polo concello lucense de Guntín. O coche precipitouse por un desnivel dun cinco metros de altura, o que complicou as tarefas de rescate.

Foi un particular quen, pasadas as 16,30 horas, deu aviso ao 112 Galicia dun accidente cunha persoa atrapada no seu vehículo. A central de Emerxencias informou ao 061, Bombeiros de Chantada, GES de Monterroso e á Garda Civil de Tráfico.

O coche atopábase en posición lateral, polo que os efectivos de atención tiveron que abrir o teito para sacar á persoa atrapada que, posteriormente, tivo que ser trasladada ao centro hospitalario de referencia. Outro ocupante do vehículo xa se atopaba fóra e resultou ileso.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...