InicioLugo e contornaBuscan ao autor dun intento de agresión sexual na zona do campus...

Buscan ao autor dun intento de agresión sexual na zona do campus de Lugo

A vítima é unha moza de 18 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional segue coa procura do autor dun intento de agresión sexual a unha moza de 18 anos de Lugo ocorrido nas inmediacións do campus universitario na tarde do pasado luns, día 5 de xullo.

Fontes policiais confirmaron que este mércores se volverá a tomar declaración á vítima, na comisaría da rúa Chantada, e ratificaron que a Policía Científica e a Policía Xudicial solicitan información no lugar onde se producían os feitos.

En concreto, foi sobre as 16,30 horas do pasado luns cando se produciu este intento de agresión sexual, na Avenida de Madrid, nun lugar próximo ao campus de Lugo.

A moza saía de traballar cando supostamente foi abordada por un home que a chegou a golpear no rostro. Agora a Policía Nacional envórcase en dar co presunto agresor, nun caso que se atopa baixo o segredo de sumario.

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...