InicioSucesosNon cesan as denuncias por incumprimento do peche perimetral en Lugo

Non cesan as denuncias por incumprimento do peche perimetral en Lugo

A Policía Local continúa cos dispositivos de control nas principais vías de acceso á cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou outras seis actas denuncia por entrar no termo municipal sen causa xustificada ao estar en vigor o peche perimetral para frear a Covid-19.

Segundo informou a Policía Local, no marco dun control de transportes levantou seis actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por entrar no termo municipal de Lugo sen causa xustificada, polo que foron propostas estas persoas para sanción de 500 euros cada unha.

No marco deste control realizado na mañá do pasado 18 de febreiro nas inmediacións do polígono do Ceao, no que tamén participou o Sector de Tráfico da Garda Civil e inspectores do Servizo de Mobilidade da Xunta, os axentes controlaron 198 vehículos, deles 49 pesados, dos que foron denunciados sete por exceso de peso.

As mesmas fontes puntualizaron que o feito de atoparse a hostalaría pechada “motivou que un importante número de vehículos circulen con pouca mercadoría”, do mesmo xeito, engaden, “que os que circulan máis cargados non superan a Masa Máxima Autorizada, incluído a marxe de erro do que dispoñen”, que é dun 2,5% sobre o seu MMA en vehículos de máis de 12 toneladas e dun 5% ata 12 toneladas, lembra a Policía Local.

ÚLTIMAS

Retiran a rampla de acceso ao Miño inaugurada hai 13 días por acabarse o permiso para este verán

Os servizos municipais retiraron este luns a pasarela de acceso ao río Miño en...

Condenado a catro anos de cárcere o rexente dun bar da cidade por traficar con drogas

A Audiencia Provincial de Lugo condenou ao rexente dun bar da capital a catro anos de...

Besteiro critica o financiamento público para o proxecto de Altri: “Non vai ter moita saída”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrou o seu rexeitamento firme ao...

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...