InicioSucesosDeteñen en Lugo unha parella que alugaba vivendas con documentación falsa e...

Deteñen en Lugo unha parella que alugaba vivendas con documentación falsa e despois non pagaba

Finxían urxencia para entrar ao piso e enganaban aos donos cunha suposta minusvalía da muller e problemas familiares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo detivo unha parella que alugaba vivendas con documentación falsa e despois non pagaba a renda, un método de estafa que xa empregaran varias veces.

Segundo informa a Policía nun comunicado, esta parella de mediana idade e que non ten domicilio fixo enganaba a propietarios dos pisos cunha suposta minusvalía da muller e problemas familiares. “Unha vez logran convencer aos propietarios da necesidade da vivenda de maneira inmediata, comprométense a realizar os pagos o máis axiña posible mediante transferencias bancarias”, explica a Políca.

Así, achegan unha serie de documentos bancarios e persoais falsos, co que conseguen convencer os donos dos inmobles, pero posteriormente os propietarios non reciben ningún tipo de ingreso. Deste xeito, os propietarios han de iniciar o correspondente proceso de desafiuzamento para poder recuperar a súa propiedade.

Unha vez detidos foron postos a disposición xudicial por un delito de estafa. Quedan en liberdade á espera de xuízo.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...