InicioSucesosInterceptan un coche cos números da matrícula pintados con rotulador permanente

Interceptan un coche cos números da matrícula pintados con rotulador permanente

A Policía Local de Lugo cachou cinco vehículos que circulaban sen o seguro obrigatorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou este fin de semana un coche de matrícula estranxeira que levaba os números e as letras da placa pintados cun rotulador permanente.

O corpo municipal detectou este vehículo no transcurso dos operativos de vixilancia levados a cabo no centro urbano durante o fin de semana, nos que se comprobou que un total cinco automóbiles circulaban sen seguro obrigatorio.

Isto implicou a súa sanción cunha multa de 1.500 euros e o retiro do coche ao depósito municipal. Dous destes, incluído o que tiña os números escritos con rotulador, portaban placas de matrícula estranxeiras.

ALCOL

Ademais, a Policía Local sorprendeu durante o fin de semana a dous condutores que dobraban a taxa de alcoholemia permitida ao volante. O primeiro foi detectado na rúa Aquilino Iglesias Alvariño e deu un resultado positivo de 0,55 miligramos por litro de sangue, mentres que o segundo, interceptado na rúa Milagrosa, deu 0,53.

Contra ambos iniciouse un expediente sancionador, que levaría unha multa de 1.000 euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...