InicioSucesosUn lucense, vítima dunha estafa mediante unha páxina falsa da DXT

Un lucense, vítima dunha estafa mediante unha páxina falsa da DXT

A Policía Nacional lembra que as notificacións das administracións públicas só se realizan por correo ordinario certificado ou a través de publicacións nos boletíns oficiais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Un lucense foi estafado mediante a utilización dun correo electrónico que simulaba a dirección oficial da Dirección Xeral de Tráfico e na que se lle notificaba unha suposta multa.

Segundo informou a Comisaría Provincial de Lugo, para ver a citada multa a persoa estafada tiña que picar nunha ligazón, desde a cal os delincuentes informáticos puideron descargar a súa información bancaria e perpetrar a estafa.

Aínda que se detectaron máis casos deste tipo no ámbito nacional, de momento o Corpo Nacional de Policía só ten constancia da existencia dun caso en Lugo. Para evitar este tipo de situacións, lembra que as notificacións das administracións públicas realízanse ou ben por correo ordinario certificado ou con publicacións nos respectivos boletíns oficiais. Ademais recomenda “ser moi cauteloso e coidadoso coas claves do computador”.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...