InicioSucesosIdentificado o dono duns residuos acumulados detrás dunha nave industrial tras un...

Identificado o dono duns residuos acumulados detrás dunha nave industrial tras un incendio

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron a un condutor que triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida nun control na madrugada do pasado 24 de outubro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo identificaron ao dono duns aveños acumulados na parte posterior dunha nave industrial despois de rexistrarse un incendio.

Segundo relatou a Policía Local, na tarde do pasado 23 de outubro unha patrulla detectou que na parte posterior dunha nave do polígono industrial de O Ceao produciuse un incendio de diferentes apeiros, chatarra, mobles e outros, que foi sufocado por unha dotación de bombeiros.

Os axentes identificaron ao responsable e realizaron acta denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia. As mesmas fontes indicaron que o dono manifestou que acumulara eses aveños na parcela “xa que non ten sitio onde deixalos”.

CONTROL DE ALCOHOLEMIA

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron a un condutor que triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida nun control na madrugada do pasado 24 de outubro.

Así o informou a Policía Local, que relatou que efectivos do Grupo Operativo Nocturno estableceron diferentes filtros de seguridade viaria, no marco dos cales na Praza de Conde Fontao sorprenderon ao condutor dun vehículo “con signos de embriaguez”.

Este condutor foi sometido ás probas de detección alcohólica nas que obtivo un resultado positivo de 0,73 mg/l, polo que triplicou a taxa regulamentaria, puntualizaron as mesmas fontes policiais.

Por iso, ratificou a Policía Local, instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Ademais, durante o pasado fin de semana efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron diferentes intervencións en establecementos públicos para o control do cumprimento da normativa autonómica e estatal.

No marco delas realizaron denuncias en tres locais na rúa Serra de Ancares e Rúa Nova “por infraccións á Lei de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo“, sinalou a Policía Local, tras sorprender a clientes que fumaban dentro de establecementos.

ÚLTIMAS

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...