InicioSucesosDetido un home en Lugo por estafa ao roubar unha carteira e...

Detido un home en Lugo por estafa ao roubar unha carteira e realizar sucesivos cargos bancarios

A muller que fora roubada, acudiu a comisaría a presentar denuncia dos feitos, acompañándoa dos extractos do banco, cando notou a falta da carteira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo detivo por un delito de estafa leve a un home de 35 anos de idade, nacido en Ceuta e cunha trintena de detencións previas, por roubar a carteira cun cartón de crédito a unha muller e posteriormente realizar sete cargos bancarios por un total de 123 euros.

Segundo informa a Comisaría Provincial de Lugo, a muller acudiu o pasado 28 de agosto a presentar denuncia dos feitos, acompañándoa dos extractos do banco, cando notou a falta da carteira.

Así, funcionarios da Policía Nacional encargáronse da investigación e iniciaron as pescudas necesarias para localizar os establecementos onde se realizaron as compras fraudulentas.

Con datos concretos sobre o suposto autor das estafas, o pasado día 3 de setembro a Policía Local informaba sobre a identificación dun home despois de que á empregada dun dos locais onde se utilizou o cartón roubado resultáselle “estraño”, polo que decidiu avisar ao seu xefe para que informase as forzas de seguridade.

Deste xeito, e ao confirmar as súas sospeitas sobre este home, a Policía Nacional procedeu á súa detención e á imputación dos feitos, do que se deu conta ao xulgado de garda correspondente.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...