InicioLugo e contornaDetido home acusado de golpear ao seu pai septuaxenario

Detido home acusado de golpear ao seu pai septuaxenario

Na casa, os axentes foron recibidos por un home de 46 anos que manifestou que discutira co seu pai, ao cal empuxara.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron por un suposto delito de malos tratos no ámbito familiar a un home acusado de golpear ao seu pai septuaxenario.

Os feitos sucederon sobre as 23,00 horas deste domingo, cando unha chamada alertaba de supostos malos tratos familiares nunha vivenda da Praza de Alacante.

Na casa, os axentes foron recibidos por un home de 46 anos que manifestou que discutira co seu pai, ao cal empuxara.

A vítima, de 75 anos, atopábase na cociña do inmoble e dixo que fora agredido polo seu fillo, con resultado dunha fractura na perna esquerda. Tivo que ser asistido polo 061.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...