InicioSucesosInvestigan tres mozos por roubar unha carteira e agredir a outro que...

Investigan tres mozos por roubar unha carteira e agredir a outro que lla furtou a un deles

Os feitos ocorreron o pasado sábado de madrugada nas zonas de lecer da cidade. O primeiro denunciante puxo en coñecemento das forzas e corpos de seguridade que unha muller, a agora investigada, lle furtou a carteira e que os dous acompañantes desta agredírono.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, coas funcións de investigación dos delitos relacionados co patrimonio, imputaron delitos de furto e danos a tres mozos por subtraer e agredir a outro mozo que lla furtou antes a un deles.

Segundo informou a Policía Nacional, imputoulle dous delitos de furto a unha muller veciña de Lugo de 20 anos, outro a un home de 23 veciño do Corgo e dous delitos de lesións a outros dous homes de 21 anos e 19, veciños de Lugo e Baleira, respectivamente.

Os feitos ocorreron o pasado sábado de madrugada nas zonas de lecer da cidade. O primeiro denunciante puxo en coñecemento das forzas e corpos de seguridade que unha muller, a agora investigada, lle furtou a carteira e que os dous acompañantes desta agredírono.

Con todo iso, por parte dos policías encargados da investigación, realizáronse as pescudas necesarias, das que pescudaron que o mozo que en primeiro lugar denunciou que furtara a carteira dun dos outros dous, motivo polo cal tamén se lle imputou un delito de furto, ao quedar con esta carteira despois de que o propietario deixouna no mostrador dun local de lecer.

Por isto os outros dous homes e a moza trataron de recuperar a carteira e, como este negouse a entregala, xa que nese momento non a portaba, a muller subtraeu do peto do pantalón a carteira do denunciante, que se ausentou do lugar e foi agredido polos outros dous homes, agora investigados por lesións, sinalaron as mesmas fontes.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...