InicioAncaresBarallaDetido un home por tentar capturar aves empregando unha rede en Baralla

Detido un home por tentar capturar aves empregando unha rede en Baralla

O imputado dispoñía o tecido nun campo de millo que servía como cebo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a veciño de Cataluña por tentar capturar aves cunha rede instalada nun campo de maínzo no municipio lucense de Baralla.

Segundo informou o Instituto Armado, o home foi investigado como presunto autor dun delito relativo á protección da fauna, flora e animais domésticos “polo uso dos medios de captura non selectivos sen contar coa preceptiva autorización administrativa”, polo que se formularon denuncias en materia de biodiversidade.

Axentes do Pacprona de Lugo sorprenderon, relataron as mesmas fontes, a unha persoa cando supostamente capturaba paxaros por medio dunha rede coñecida como rede néboa ou vertical no lugar da Condomiña en Baralla. O presunto autor, ao decatarse da presenza dos axentes, tentou darse á fuga, pero foi identificado as inmediacións do lugar, destacaron as mesmas fontes.

A rede estaba instalada no interior dun campo de maínzo onde, puntualizou a Benemérita, “preparara a zona de colocación do método de captura, cortando o cereal que á súa vez lle servía como atraente dos especímenes, atopando indicios na rede de capturar exemplares, ao haber restos de plumas na mesma”. A persoa investigada en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...