InicioSucesosUnha camareira dun bar da Milagrosa foi sancionada por non levar máscara

Unha camareira dun bar da Milagrosa foi sancionada por non levar máscara

A Policía tamén denunciou o propietario deste local por poñer música sen ter licenza para iso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a pasada madrugada a camareira dun local de hostalería que estaba a realizar o seu traballo sen usar máscara, obrigatoria na atención ao público.

Esa denuncia por unha infracción da Lei de Saúde Pública de Galicia produciuse no transcurso da inspección realizada a un local de hostalería na zona da Milagrosa.  Nese sentido, a Policía lembra que os traballadores que presten servizo “en mesa e en barra” deberán manter “a distancia de seguridade co cliente”, pero en todo caso é “obrigatorio” o uso de máscara para o persoal deses establecementos na súa atención ao público”.

A inspección tivo lugar ás 02:00 horas da pasada madrugada e os policías tamén denunciaron o propietario por reproducir música a un volume moi alto, cando o local, ao ser un café-bar, carece de permiso para poñer música.

ÚLTIMAS

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

A comunidade venezolana de Lugo convoca unha concentración pola “liberdade” do país

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Lugo despois de...

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...