Home Lugo e contorna Lugo Un home ferido en Antas de Ulla ao pasarlle a roda dun todoterreo por riba dunha perna

Un home ferido en Antas de Ulla ao pasarlle a roda dun todoterreo por riba dunha perna

0
Un home ferido en Antas de Ulla ao pasarlle a roda dun todoterreo por riba dunha perna
Imaxe de arquivo dunha unidade medicalizada do 061 | Sergas

Un home resultou ferido na mañá deste venres no municipio de Antas de Ulla ao pasarlle por encima dunha perna a roda dun vehículo todoterreo.

Segundo informou o 112 Galicia, o incidente ocorreu a iso das 9:25 deste venres nunha leira próxima á estrada que une Antas de Ulla e Vilasión.

Persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactou co 112 para alertar do ocorrido, tras o que o CIAE solicitou a intervención dos Bombeiros de Chantada, dos efectivos do GES de Monterroso e da Garda Civil de Tráfico, que confirmaron ao 112 que o home accidentado estaba accesible.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home ferido foi trasladado nunha ambulancia a un centro hospitalario.

+ posts