InicioSucesosCachan un condutor que triplicou a taxa máxima de alcoholemia tras circular...

Cachan un condutor que triplicou a taxa máxima de alcoholemia tras circular en zigzag por Lugo

O home chegou a invadir o carril contrario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou na tarde deste pasado luns un condutor que triplicou a taxa de alcoholemia máxima permitida despois de circular en zigzag pola cidade e invadir o carril contrario.

Despois de darlle o alto, os axentes observaron que “presentaba signos de embriaguez”, polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica, nas que obtivo positivo de 0,76 miligramos de alcol por litro de aire expirado.

Por iso, concretou a Policía Local, instruíu dilixencias por un delito contra a seguridade viaria en relación con estes feitos. Respecto diso, lembra que esta conduta está castigada polo Código Penal con pena de prisión de tres a seis meses ou coa multa de 6 a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días. E, en calquera caso, coa privación do dereito para conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...