InicioSucesosDous investigados pola Garda Civil por senllos delitos contra a seguridade...

Dous investigados pola Garda Civil por senllos delitos contra a seguridade viaria

Un dos sucesos ocorreu no Páramo e o outro en Monterroso. Un deles non tiña a licenza de conducción actualizada e o outro conducía baixo os efectos do alcohol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous homes foron investigados en senllos municipios da provincia de Lugo por delitos contra a seguridade viaria, segundo informa a Benemérita.

Ás 17,20 horas do día 28, unha patrulla da Garda Civil de Lugo, á altura do quilómetro 5,500, da estrada LU-613 (Portomarín – Cendoi), termo municipal do Páramo,observou ao condutor dun ciclomotor sen facer uso do casco de protección.

Por iso, procederon á detención do vehículo e identificación do seu condutor, que resultou ser un home de 49 anos. Os axentes comprobaron que, sobre a licenza de condución da que estitular, pesa unha perda de vixencia que lle inhabilita para a condución de vehículos a motor.

Froito das xestións practicadas, tívose coñecemento de que o ciclomotor carecía de seguro obrigatorio e que non fora sometido á inspección técnica periódica, feitos que unidos á non utilización de casco protección, motivaron as preceptivas denuncias.

Ademais, os feitos tamén se puxeron en coñecemento da Subdelegación do Goberno por saltarse o confinamento ao ser o único obxecto da viaxe, explica a Garda Civil, “dar unha volta en moto”.

OUTRO INVESTIGADO EN MONTERROSO

Por outra banda, o día 29, sobre as 10,00 horas no campo da feira, da localidade de Monterroso, unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Lugo observou a presenza dun turismo que circulaba realizando unha traxectoria zigzagueante.

Por ese motivo, procedeuse á identificación do seu condutor, un home de 59 anos, observando que presentaba unha evidente sintomatoloxía derivada da inxesta de bebidas alcohólicas.

Sometido ás probas de alcoholemia, arroxaron un resultado positivo de 0,72 e 0,70 miligramos/litro. Ademais, os axentes inmobilizaron o coche ante a imposibilidade do home de continuar coa condución do mesmo.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...