InicioSucesos"O noso gato recibiu 18 balazos. Hai xente que salta o confinamento...

“O noso gato recibiu 18 balazos. Hai xente que salta o confinamento para iso”

Unha familia de Begonte denuncia que o seu felino sufriu un traumatismo cranial e torácico por mor duns disparos que o alcanzaron mentres estaba nos arredores do domicilio particular. Non saben con seguridade quen foi o culpable do suceso, pero sinalan que no momento dos feitos viron un grupo de homes ao outro lado da estrada. "Serán cazadores que se aburren de estar na casa e disparan ao primeiro que se move", lamentan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha familia da parroquia de Carral, en Begonte, denuncia que o seu gato recibiu varios disparos de perdigóns no día de onte, 27 de abril, cando permanecía no interior do predio particular. Os donos do felino puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil, pero non chegaron a interpoñer denuncia por non saber a ciencia certa quen fora o responsable dos tiros.

“A iso das 13:00 horas escoitamos un ruido fóra e saímos correndo para ver que ocorría”, relata Andrea Vargas, que se puxo en contacto co Lugo Xornal. “O gato entrou correndo e xa vimos que estaba ferido e asustado”. Segundo explica, ao outro lado da estrada viron un grupo de homes, pero non se atreve a acusalos directamente porque non presenciaron os disparos como tal. “Supoño que serán cazadores que se aburren de estar na casa e que disparan ao primeiro que se move”, lamenta.

Shiva, ferido nun ollo por mor dun disparo | ALX

Ante o estado do gatiño, de nome Shiva, acudiron á clínica veterinaria, onde lles confirmaron que o animal recibira 18 balazos que lle provocaron un traumatismo cranial e torácico. “Iso non é un susto nin un erro. Perforoulle a orella de lado a lado, perdeu o ollo dereito e un dos perdigóns chegoulle ao pulmón“, describe Andrea Vargas, para engadir que Shiva se atopa agora mesmo na casa familiar. 

Evoluciona favorablemente en compañía de Budha, o outro felino da familia, pero aínda non está totalmente descartada unha intervención cirúrxica en caso de empeorar.

“INSEGURIDADE E MEDO”

“Sentimos inseguridade, isto deixa o medo no corpo. Hai xente que está saltando as normas do confinamento e disparando sen máis”, prosegue. Andrea confesa o sufrimento da familia, sobre todo da súa filla de trece anos, que está moi apegada ao gatiño e que “agora ten medo a que volvan disparar preto da casa”, situada a carón da N-VI entre Begonte e Rábade. “Que se saiba isto e que se reflexione sobre o maltrato animal e sobre a calidade humana. Todos estamos confinados nas nosas casas sen poder saír, pero enriba pasan estas cousas”, remata.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández elude situarse sobre os candidatos a presidir o PSOE provincial

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, eludiu situarse e explicar a que candidato apoiará no...

Conduce cara o centro de Lugo superando 7 veces a taxa de alcol, co permiso sen vixencia e facendo eses

A Policía Local de Lugo interveu a pasada madrugada a un condutor que superaba sete veces a...

Primeira reunión José Tomé e Miguel Fernández:”compromiso de estabilidade e colaboración institucional”

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo na mañá deste luns a súa primeira...

Publicada a resolución pola que se denega a autorización ambiental para unha planta de biometano en Lugo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns o anuncio, de marzo de 2025, da...