InicioLugo e contornaLugoImputan dous roubos en bares de Lugo a un home en prisión...

Imputan dous roubos en bares de Lugo a un home en prisión por outros delitos

Conta con máis de 30 arrestos anteriores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada de Policía Xudicial da Comisaría Provincial de Lugo imputaron a un home de 45 anos, con mais de 30 arrestos, o roubo con forza de dous establecementos hostaleiros da cidade. Actualmente o imputado esta en prisión por outros delitos.

Segundo informou a Policía Nacional, por denuncias presentadas o pasado día 31 de xaneiro e 3 de febreiro na zona do Parque de Rosalía de Castro, unha persoa entrou nun bar e levou ao redor de 1.000 euros. Na segunda denuncia, por feitos ocorridos na zona da Praza do Campo, consta que violentaran a xanela exterior e desde alí se apoderaran de case 800 euros en metálico.

Despois das investigacións pertinentes, así como analizados todos os vestixios atopados nos lugares dos feitos e recibidos os resultados das peritaxes realizadas polos laboratorios de Policía Científica da Xefatura Superior de Policía de Galicia, púidose determinar a autoría de ambos os roubos.

O imputado actualmente atópase en prisión, xa que foi detido o pasado día 6 de febreiro despois de perpetrar varios roubos na cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...