Home Lugo e contorna Un veciño de Abadín, ingresado na UCI tras ser apuñalado durante unha lea sobre uns cabalos

Un veciño de Abadín, ingresado na UCI tras ser apuñalado durante unha lea sobre uns cabalos

0
Un veciño de Abadín, ingresado na UCI tras ser apuñalado durante unha lea sobre uns cabalos
Axente de Garda Civil | AXM

Un veciño de Abadín, de 44 anos, permanece ingresado na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) como consecuencia das dúas puñaladas que recibiu onte tras a discusión con outro veciño polo estado no que se atopaban uns cabalos.

Así o informaron fontes da Garda Civil, que apuntaron que os feitos sucederon na tarde deste domingo no concello de Abadín. O presunto autor das puñaladas, I.L.C., foi detido por un delito de lesións con arma branca, mentres que o ferido foi evacuado en ambulancia ao HULA, onde quedou ingresado por unha puñalada no abdome e outra á altura do pulmón.

Segundo relatan as mesmas fontes, a lea entre ambos homes foi intensa. Un deles teríase defendido cun obxecto contundente, mentres que o outro usou unha navalla. De feito, tamén o detido presentaba feridas, aínda que de carácter leve e como consecuencia dos golpes.

O arrestado, que pasou a disposición xudicial esta mañá en Mondoñedo, quedou en liberdade.

+ posts