InicioLugo e contornaPiden 16 anos de prisión ao acusado de violar a unha menor...

Piden 16 anos de prisión ao acusado de violar a unha menor e retela á forza no seu coche en Lugo

O presunto violador e a vítima coñecéronse en 2014, mantiveron relacións sexuais e nos seus encontros consumían cocaína e cannabis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 16 anos de prisión para un home acusado de violar a unha menor en Lugo en 2015 e meses despois retela no seu coche en contra da súa vontade. O caso pasará a xuízo o vindeiro xoves, 7 de novembro, ás 10,00 horas na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

Segundo o Ministerio Fiscal, o presunto violador e a vítima coñecéronse en 2014, mantiveron relacións sexuais e nos seus encontros consumían cocaína e cannabis. Ademais, el prometeulle unha cantidade de diñeiro que a moza nunca recibiu.

Máis adiante, a finais de 2015, volveron atoparse nun hotel e “dunha forma inesperada” o procesado penetrouna por vía anal sen o consentimento da menor. A pesar de que a menor se negou, o home “suxeitouna con forza ata esgotar o acto sexual”, relata o documento.

Despois de todo o sucedido, en marzo de 2016 o acusado atopouna camiñando mentres conducía por unha rúa de Lugo. Cunha pistola, “que non foi achada”, intimidouna e obrigouna a subir ao coche, no que permaneceu durante 15 minutos.

Ao final logrou escapar. Aproveitou o momento no que o acusado se baixou para entrar nun establecemento. Ao parecer, retívoa para “reprocharlle” que tivese comentando o sucedido “con outras persoas”, o que levou á nai da vítima a decatarse do que lle ocorreu á súa filla.

PENA DE PRISIÓN

Por todo, a Fiscalía pide 13 anos de prisión por un delito contra a liberdade sexual e outro tres por un delito de detención ilegal. Ademais, esixen unha orde de afastamento da menor e do seu domicilio de 200 metros, a prohibición de comunicarse con ela durante 10 anos e unha indemnización por danos morais de 6.000 euros.

Debido á “gravidade e a natureza dos delitos” cometidos polo presunto violador, o Fiscal solicita a execución completa da pena.

ÚLTIMAS

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Lugo

Un motorista resultou ferido na tarde deste pasado mércores tras chocar contra un coche...