InicioLugo e contornaInvestigados dous condutores por delito contra a seguridade viaria tras dar positivo...

Investigados dous condutores por delito contra a seguridade viaria tras dar positivo na proba de alcoholemia en San Froilán

Dous condutores foron investigados por un delito contra a seguridade viaria tras obter resultado positivo na proba de alcoholemia á que foron sometidos en controis durante o dispositivo da Policía Local con motivo das festas de San Froilán en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous condutores foron investigados por un delito contra a seguridade viaria tras obter resultado positivo na proba de alcoholemia á que foron sometidos en controis durante o dispositivo da Policía Local con motivo das festas de San Froilán en Lugo.

Segundo informou a Policía Local, durante esta primeira fin de semana do San Froilán desenvolveu dispositivos para “garantir a seguridade e tranquilidade da cidadanía”, no marco do que sorprendeu, nas noites e madrugadas do 4 ao 6 de outubro, a seis condutores con taxas de alcol superiores ás permitidas.

Dous deles, indicaron as mesmas fontes municipais, obtiveron un resultado positivo de 0,8 e 0,98 miligramos de alcol por litro de aire expirado, polo que foron investigados por un delito contra a seguridade viaria.

Ao resto de condutores, destaca a Policía Local, abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e catro puntos de retirada do permiso de conducir. A un deles se lle impuxo unha multa de mil euros e retirada de seis puntos por superar a taxa de 0,50 mg/l.

Ademais, nun dos controis foi detectada unha persoa co carné retirado pola perda da vixencia e que presentaba “síntomas compatibles coa presenza de drogas no organismo”, relatou a Policía Local, polo que lle foron realizadas as probas nas que obtivo positivo no organismo. Por iso, instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...