InicioSucesosRescatan ao condutor dun turismo tras saír da vía en Castroverde

Rescatan ao condutor dun turismo tras saír da vía en Castroverde

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido e tivo que ser excarcerado despois de saírse da vía o turismo que conducía ao seu paso polo concello lucense de Castroverde.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente ocorreu ás 22,15 horas deste xoves cando o home sufriu unha saída de vía mentres conducía pola estrada LU-530, á altura do punto quilométrico 24, e necesitou axuda tras quedar atrapado no interior do vehículo.

Por iso, por parte do 112 alertouse ao GES de Becerreá, que empregou material de excarceración para liberar ao ferido. Ata o punto tamén se desprazaron os Bombeiros de Sarria, axentes da Garda Civil de Tráfico e servizo de mantemento das estradas.

Unha vez finalizadas os labores de excarceración, o condutor foi evacuado por persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a un centro hospitalario

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...