InicioSucesosPrisión para un mozo ao que se lle interviron 200 gramos de...

Prisión para un mozo ao que se lle interviron 200 gramos de cocaína en Lugo

O rapaz, que tiña antecedentes penais, tamén portaba uns 700 euros en efectivo. A súa detención produciuse no marco dun operativo antidroga nos locais hostaleiros de Salvador de Madariaga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Lugo a un mozo de 27 anos con antecedentes por un delito contra a saúde pública. Fóronlle intervidos máis de 200 gramos de cocaína, tras o que foi enviado a prisión.

O operativo policial, que foi levado a cabo polo Grupo de Drogas da Brigada Provincial de Policía Xudicial, enmárcase no plan de resposta policial ao consumo e tráfico comerciante polo miúdo de drogas, así como de venda de droga nos barrios da cidade

No desenvolvemento de dito operativo levado a cabo na contorna de varios locais de hostalaría na rúa Salvador de Madariaga, procedeuse á identificación do detido e doutras dúas persoas que o acompañaban. Nese momento, relatan as mesmas fontes policiais, púidose comprobar que o individuo portaba entre as súas roupas un paquete “de considerables dimensións”, que resultou conter máis de 200 gramos de cocaína. O mozo portaba tamén máis de 700 euros en efectivo. 

Todo isto foi intervido polos policías mobilizados, que procederon, ademais, á detención do individuo, por décima vez nos últimos tempos. O mozo, que tamén tiña antecedentes penais, foi posto a disposición xudicial, tras o que o xulgado pertinente decretou o seu ingreso en prisión.

 

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...