InicioSucesosMáis de 50 condutores con positivos nas probas de alcol ou drogas...

Máis de 50 condutores con positivos nas probas de alcol ou drogas durante o Arde Lucus

A Garda Civil desenvolveu ao longo do pasado fin de semana diversos servizos encamiñados a garantir a seguridade do tráfico nas vías da provincia luguesa con motivo da celebración en Lugo do Arde Lucus, período no que detectou a máis de 50 condutores que obtiveron resultado positivo nas probas de alcol e drogas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil desenvolveu ao longo da pasado fin de semana diversos servizos encamiñados a garantir a seguridade do tráfico nas vías da provincia luguesa con motivo da celebración do Arde Lucus, período no que detectou a máis de 50 condutores que obtiveron resultado positivo nas probas de alcol e drogas.

Segundo informou o Instituto Armado, “aínda que non tiveron lugar sucesos destacables”, detectáronse “máis de 50 condutores” con taxas de alcol “superiores ás permitidas ou consumindo drogas”. Deles, sete foron investigados por delitos contra a seguridade viaria.

Ademais, no marco deste operativo especial foron detectados tres condutores que carecían de permiso de condución, polo que se instruíron dilixencias para a súa remisión ao xulgado de garda pertinente.

A Garda Civil insiste na importancia de “concienciarse de que a condución e o consumo de alcol e/ou drogas son actividades incompatibles”, que xera “riscos” e representa “un dos factores concorrentes no 26% dos accidentes con vítimas mortais”.

“O alcol e drogas, ademais de xerar unha accidentabilidade máis elevada, supoñen unha maior mortalidade e lesións máis severas”, resalta a Benemérita.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...