InicioLugo e contornaLugoDetido un home por abusos sexuais a unha muller que asistía ao...

Detido un home por abusos sexuais a unha muller que asistía ao partido entre o Dépor e o Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño da Coruña, de 36 anos de idade, foi detido este domingo por axentes do Corpo Nacional de Policía nas inmediacións do Estadio Anxo Carro, onde se disputaba o partido de Segunda División entre o Club Deportivo Lugo e o Deportivo da Coruña por supostos abusos sexuais a outra afeccionada.

Segundo informaron a Efe fontes policiais, este afeccionado foi detido despois de que unha muller se dirixira aos axentes que formaban o dispositivo de seguridade do encontro para denunciar que o detido estaba a facerlle “tocamentos” de forma reiterada.

O home foi inmediatamente detido e conducido aos calabozos da Comisaría Provincial de Lugo, onde pasou a noite, á espera de que nas próximas horas sexa posto a disposición da autoridade xudicial.

Os mesmos informadores precisaron que os axentes que se fixeron cargo do caso estiveron practicando dilixencias nas últimas horas para aclarar como ocorreu todo. Para iso, ademais de falar con posibles testemuñas, están visionando as imaxes das cámaras de seguridade situadas no estadio e nas súas inmediacións

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...